Inicio / Axenda / Outras actividades / Traballos comunitarios e Lume Vello na Eira da...
27-06-2020
A Eira da Xoana retoma con prudencia e precaucións as súas actividades.
Esta é a primeira convocatoria nesta nova e dura etapa, despois do andazo que naceu en grandes e artificiosas urbes e que castigou a todo o mundo.
A actividade do día 27 de xuño, sábado, desenvolverase en dúas quendas:
Primeira quenda.
A partir das 11 da mañá:
Traballos urxentes de reparación: tellado, luz, limpeza da casa, roza da herba...
Para todas as persoas que poidan vir achegar algunha axuda.
Xantar ás 14,30 h á sombra dos castiñeiros.
Segunda quenda.
A partir das 7 da tarde.
Lume vello ( benvida ao verán) . Só se o tempo permite estar fóra da casa ( confirmaremos no facebook o venres)
Preparación da cacharela.
Sardiñas, letras, torresmos, pan, viño e música.
É preciso anotarse nesta semana para calcular a mantenza.
Traede a máscara! E imos estar fóra e gardar as distancias de seguridade.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal