ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Mesa Redonda: Hora da biodiversidade, da enerxia...

05-06-2020

Mesa Redonda: Hora da biodiversidade, da enerxia renovable e da soberania alimentaria (Día do Medio Ambiente)

Con motivo do Día mundial do Medio Ambiente, o vindeiro venres, 5 de xuño, ADEGA organiza unha mesa redonda virtual baixo o título: "É a hora da biodiversidade, da enerxía renovable e da soberanía alimentaria".

Intervirán: o secretario técnico de ADEGA, Fins Eirexas, quen abordará cales son os desafíos presentes e futuros no eido da conservación da biodiversidade; Jessica Rey, da Asociación Salvemos a Comarca de Ordes, sobre o modelo de implantación da enerxía renovable en Galiza; e Sonia Paderne, de Amarelante, quen disertará sobre os cambios que son necesarios no ámbito da produción e do consumo de alimentos, na procura da soberanía alimentaria.

A retransmisión da mesa redonda farase a través da canle de Youtube de ADEGA, ás 20:15 horas do venres, 5 de xuño.  Tamén o poderás ver a través desta páxina web.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal