05-06-2020
Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, o vindeiro venres, 5 de xuño, ADEGA celebrará unha palestra virtual baixo o título: "Biodiversidade e Covid-19: unha oportunidade perdida?", na que o biólogo e naturalista Cosme Damián Romay Cousido analizará o impacto da COVID-19 na biodiversidade, e se a crise sanitaria influíu dalgún xeito na concepción dunha correcta xestión da diversidade biolóxica. A súa palestra será emitida en directo por Youtube e na páxina web de ADEGA, desde as 18:30 horas.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal