ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Cadea ciclista en Vigo polo Día Mundial da...

03-06-2020

Cadea ciclista en Vigo polo Día Mundial da Bicicleta: inscribete!

O vindeiro 3 de xuño, co gallo do Día Mundial da Bicicleta, ADEGA, A Golpe de Pedal, Verdegaia, Greenpeace e Ecoloxistas en Acción, co apoio da Coordinadora estatal ConBici, organizan en Vigo unha cadea ciclista para amosar que a bicicleta é unha grande aliada do Medio Ambiente, así coma unha grande aliada contra a Covid-19. Esta actividade encádrase dentro dunha acción promovida por ConBici que vai ter lugar simultaneamente en moitas cidades do estado ás 20:30h da tarde.

A cadea ciclista constará de tres itinerarios diferentes, compostos por grupos de 10-15 persoas, que realizarán diversos percorridos pola cidade para dar visibilidade á bici como a mellor alternativa de mobilidade, ao ser un medio de transporte seguro, eficiente e sostible co planeta. Durante estes itinerarios realizaranse paradas ocupando treitos de calzada durante 15 minutos, como reivindicación para facilitar máis espazo á mobilidade activa e sostible na cidade.

A bicicleta, a grande aliada contra a Covid-19 e o Cambio Climatico

Con estas cadeas, as asociacións convocadoras queren amosar que a bicicleta é parte da solución da actual emerxencia sanitaria e climática, visibilizando a necesidade de promover o seu uso, así como a urxencia de habilitar infraestruturas específicas para unha mobilidade sostible en Vigo.

As vantaxes de usarmos a bicicleta na nosa mobilidade diaria son ben numerosas, xa que a bici é un medio de transporte ecolóxico, non contaminante, barato e rápido nos desprazamentos porta a porta, ademais de que é un medio beneficioso para a saúde e para reducir os niveis de estrés. O seu uso tamén axuda a na mellora da saúde ambiental, ao diminuír o tráfico e as emisións contaminantes, e permitindo gañar espazo público roubado polo coche.

Por todos estes motivos, é hora de actuar por parte das institucións públicas para dotar de infraestruturas e fomentar o uso da bici e, deste xeito, conseguirmos unha mobilidade activa e non contaminante nas nosas cidades.

Inscribete e participa da cadea ciclista do 3X

Se te presta participar, podes cubrir o seguinte formulario! Lembra que para esta acción é moi importante respectar as distancias de seguridade (2-3m) para mostrar a bicicleta como aliada e alternativa ante a emerxencia sanitaria que estamos a vivir.  

Formulario de inscrición  

Os itinerarios a realizar son os seguintes (ACTUALIZACIÓN: até o momento o itinerario 3 é o que menos persoas inscritas ten, polo que se te podes inscribir axudarías a equilibrar en número de participantes entre os diferentes itinerarios propostos):

Itinerario 1: Paseo Alfonso XII  - Pi i Margal - Lopez Mora- Praza América, Avda Castelao, Rúa Tomás Paredes, Camilo Veiga, Tomás Alonso, Rúa Coruña, Rúa Camelias, Paseo de Granada, Cachamuiña, Falperra, Paseo de Alfonso XII

Itinerario 2: Praza América - Fragoso, Rúa dos Olímpicos, Avda Citroen, Avda Florida, Rúa Caramuxo, Rúa Teixugueiras, Rúa Ufas, Pedra Seixa, Rúa Limpiño, Vía Servizo VG-20, Rúa Cañiza, Rúa Padre Seixas, Avda Florida, Praza América.

Itinerario 3: Porta do Sol, Policarpo Sanz, García Barbón, Sanjurjo Badía, Bos Aires, Travesía de Vigo, Vía Norte, Rúa Urzaiz, Rúa Colón, Rúa Uruguai, Rúa República Argentina, Policarpo Sanz, Porta do Sol

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal