ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Nova actividade de deseucaliptización de...

14-03-2020

Nova actividade de deseucaliptización de ADEGA Vigo no Couto da Eirexiña (ADIADA!)

O  sábado 14 de marzo ADEGA Vigo, xunto coa comunidade de montes de Rebordelo, voltan ao monte para realizar unha nova actividade de voluntariado e educación ambiental no Couto da Eirexiña.

Desta vez realizaremos entre todas traballos de deseucaliptización en terreos do monte comunal de Rebordelo. Tamén, como de costume, esta actividade ímola acompañar cun xantar comunitario e vexetariano na casa do pobo de Rebordelo.  E pola tarde, despois do xantar, realizaremos un roteiro interpretativo polo bosque autóctono e polo río Almofrei.

Queres participar nesta actividade?

Se te presta participar nesta actividade de voluntariado ambiental, podes inscribirte cubrindo o seguinte formulario:

Formulario de inscrición

E se tes algunha pregunta, non dubides en contactar a través do correo adegavigo@adega.gal.

A data límite para a inscrición nesta actividade é o vindeiro xoves 12 de marzo ás 13:00h, co fin de que poidamos ter tempo para formalizar o seguro de todas as voluntarias e xestionar o xantar comunitario.

Vémonos no monte!

Programa do voluntariado ambiental

09:45h – Punto de encontro na Casa do Pobo de Rebordelo
10:00h – Inicio da actividade de deseucaliptización
14:00h – Xantar vexetariano e  comunitario na Casa do Pobo
15:30h – Roteiro interpretativo
18:00h – Fin da xornada

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal