ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Novo roteiro polas Mariñas Betanceiras...

22-03-2020

Novo roteiro polas Mariñas Betanceiras (ADIADA!)

O vindeiro domingo 22 de marzo, continuaremos “Tecendo Redes” esta vez coas xentes da Asociación Roxín Roxal, cun roteiro a través da Rede Natura Betanzos-Mandeo.

Coa colaboración do histórico experto e militante ambientalista Fernando Bandín, observaremos os conflictos ambientais que afectan á zona do Mandeo, Mariñas e Ría de Betanzos: eucaliptización, contaminación no Mandeo e na Ría de Betanzos, especies invasoras, minicentral do Zarzo, Carrizal de San Xiao, Campos de tiro e fútbol no xuncal de Miodelo, recheos na praia de Sada e tamén visitaremos a reserva de anfibios de Oís.


Percorrido

O autobús deixaranos ás 10h no lugar de A esperuca, na NVI diante do Restaurante La Paz, onde tomaremos o café. Aquí comeza a andaina de aprox. 10Km. Seguindo a ribeira do Río Mandeo, pasaremos por Chelo, Ponte Teixeiro, Río Meizoso, Central do Zarzo. Tamén visitaremos o carrizal de San Xiao. Chegaremos á Praza do Campo, en Betanzos onde nos recollerá o autobús sobre ás 14h.

Dende aquí iremos ao Pazo de Mariñán, onde visitaremos o Observatorio da Ría de Betanzos e teremos información sobre o valor desta ría. Aquí faremos un pequeno descanso para xantar o que levemos.

Sobre ás 15.30h dende o Pazo de Mariñán faremos unha andaina de aprox. 2 Km ata o Xuncal de Miodelo. Sobre ás 16.30h, colleremos novamente o autobús para ir a Sada, onde coñeceremos o valor ambiental deste areal e o proxecto de recheo sobre a praia e as súas nefastas consecuencias.

Ás 18h recolleranos o autobús en Sada para o regreso a Lugo. Aproveitando esta viaxe de volta, perto da NVI temos prevista unha visita á Reserva do Catorce, primeira reserva de anfibios de Galiza, situada no lugar de Ois, onde se creou un espazo ambiental aproveitando e transformando o que foi unha canteira.

Reserva praza

As persoas que estean interesadas en reservar praza, terano que facer a través do formulario de reserva antes das 14:00 do xoves 21 de novembro. Cubriranse as prazas por orde de inscrición.

Os roteiros de ADEGA-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades aínda que os socios e socias de ADEGA gozarán de desconto no prezo, así como as persoas que están estudando, en situación de desemprego ou os menores de 14 anos. 

saída do autobús terá lugar ás 9.00 horas da mañá fronte á Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, na Avenida de Ramón Ferreiro.

O roteiro será de xornada completa.

Para máis información, tamén se pode chamar aos teléfonos 982240299 (local) ou 677800293 (Lucía).

Prezos

  • Xeral: 18€
  • Estudantes ou en paro: 15€
  • Soci@s de ADEGA: 12€
  • Ata 14 anos: 5€
En caso de cancelación da reserva, prégase avisar o antes posible por teléfono. A cancelación posterior ao período de inscrición suporá o aboamento íntegro do prezo da praza para evitar prexuízos económicos á organización. Se a cancelación fose por motivos de saúde, procederase á devolución da metade do importe sempre que se presente xustificante médico.

O bo humor é cousa de todas/os! Anímate a participar!

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal