ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Entroido 2020 na Eira da Xoana

22-02-2020

Entroido 2020 na Eira da Xoana

O vindeiro sábado día 22 de febreiro, no marco da celebración do Entroido ( Lupercais) na Eira da Xoana, vaise nomear a María Antonia Pérez Rodríguez, presidenta do Galo, Raíña Lupa 2020.

É un acto festivo e de recoñecemento, que se inicia cunha comida de fraternidade –ás 14 h-  que dá paso á elección da Raíña Lupa (16 h) e remata con festa.

Cada quen pode levar a súa comida ou anotarse antes do xoves día 20 para participar dun cocido, para o que hai que achegar 12 euros.

Se queres máis información, podes acceder a eiradaxoana.gal  ou chamar a Pepe (659 683 384).

Agradecendo a túa atención, recibe un cordial saúdo.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal