ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Hábitat sen lixo: Lagoa e Praia de Baldaio

22-02-2020

Hábitat sen lixo: Lagoa e Praia de Baldaio

“Hábitat sen lixo” é o  nome baixo o cal o Grupo Naturalista Hábitat vai englobar as iniciativas que se fagan de retirada de residuos nos nosos espazos naturais.

A primeira cita con esta actividade terá lugar na contorna da Lagoa e praia de Baldaio (Carballo), na que colaborarán os colectivos ecoloxistas ADEGA, Senda Nova e Ecoloxistas en Acción, ademais do Concello de Carballo.

O G.N.Hábitat encargase de todo o referente á actividade: inscrición, xestión, materiais, seguros para a actividade, etc. O Concello de Carballo encargase da xestión dos residuos.

A xornada é de balde e aberta ao público xeral e terá lugar o vindeiro sábado, 22 de febreiro, de 10 a 13h.


Inscríbete para participar

As prazas son limitadas, polo que se tes interese en participar, deberás incribirte no formulario que se acompaña antes do venres, 21 de febreiro, ás 19:00h.

Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal