ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Participa no certame de fotografía...

Do 06-02-2020 ao 12-03-2020

Participa no certame de fotografía Desenfoque Climático

ADEGA colabora con esta iniciativa que consiste nun proxecto expositivo que busca aunar arte e xuventude para concienciar á sociedade da relevancia do quecemento global.

"Desenfoque climático" é unha exposición colectiva comisariada polos alumnos de CPR O Raio Verde en colaboración co Concello de Santiago de Compostela na área de Mocidade e con ADEGA. Terá lugar do 5 ao 12 de marzo na sede da SGAE.

A este evento, están chamados a participar todos os novos talentos galegos de fotografía, de entre 18 e 25 anos. As fotografías serán enviadas en formato dixital antes do 15 de febreiro a través do email desenfoqueclimatico@gmail.com.

O obxectivo é xerar un espazo de pensamento crítico e arte colectiva para transmitir unha mensaxe reflexiva sobre os cambios que está sufrindo a natureza e como afecta á sociedade.

A selección de obras participantes será levada a cabo polos recoñecidos fotográfos galegos Aigi Boga e Sue Rainbow que tamén agasallarán a exposición con dúas obras orixinais elaboradas para a ocasión. Animámoste a participar!

Desde ADEGA agradecemos ao alumnado do CPR Raio Verde por contar coa nosa colaboración nesta interesante iniciativa.

AIGI BOGA: https://www.instagram.com/aigiboga/
SUERAINBOWPHOTO: https://www.instagram.com/suerainbowphoto/

@desenfoqueclimatico2020
Contacto: desenfoqueclimatico@gmail.com

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal