ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Curso sobre Fogares Verdes na UNED de Lugo

Do 27-02-2020 ao 05-03-2020

Curso sobre Fogares Verdes na UNED de Lugo

Este curso terá un carácter práctico onde aprenderemos a reducir a nosa pegada ecolóxica. Ante a actual emerxencia climática na que nos atopamos calquera modificación nos nosos hábitos poden ter unha grande repercusión. O capitalismo e poder das grandes empresas son explotadoras de persoas e recursos e xeradoras de residuos. A nivel social tamén é de vital importancia coordinarnos e tecer redes para acadar un consumo sustentable e xusto.

Programa

Xoves, 27 de febreiro

16:00-16:30 h.Presentación actividade e do programa #NaturalMente. Ana Belén Traseira Pena Directora UNED Lugo

16:30-19:30 h.- Presentación

1. Bloque residuos
- Que acontece cos residuos na Galiza? Onde van?
- Residuo cero, é posible?

2. Bloque consumo
- é posible mercar sen plásticos?
- consellos prácticos
Obradoiro de fabricación de pasta de dentes ecolóxica

Xoves, 5 de marzo

16:30-19:30 h.

2. Bloque consumo
-Alimentos de Km cero
-Substitución de tóxicos no fogar
Obradoiro de fabricación do ecolimpo

3.Bloque enerxía
-Consellos para reducir a enerxía no fogar e tamén a factura.
-Mobilidade

4. Bloque auga
-Redución de auga no fogar
-O ciclo da auga na cidade

María Rodríguez Lafuente Educadora Ambiental
Lucía Álvarez Anido ADEGA

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal