ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / IV Feira da Sustentabilidade na UDC

12-12-2013

IV Feira da Sustentabilidade na UDC

Haberá postos de artesanía, feira de asociacións, recollida de alimentos para a cociña económica de Coruña, recollida de móbiles e de xoguetes, así como varios obradoiros durante todo o día. Contaremos tamén cun espazo para un mercadiño de troco onde podes traer cousas que non uses e intercambialas por outras. Animádevos a disfrutar na compañía dos vosos amigos/as nunha feira cargada de sorpresas cun ambiente de Nadal Ecolóxico.
Se pertences a algunha asociación ou fas artigos de artesanía podes participar cun posto escribindo a: pacobanhobre@adega.gal ou ben chamando ao 981 57 00 99.
Máis información nesta ligazón
Tamén en Facebook: IV Feira da Sustentabilidade

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal