ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Roteiro pola Serra do Galiñeiro

17-06-2012

Roteiro pola Serra do Galiñeiro

Domingo 17 de xuño 2012, 11:00h

Serra do Galiñeiro

Remataremos a campaña de roteiros 2011-2012 percorrendo a Serra do Galiñeiro. Trátase dun lugar cheo de lendas e tamén cun rico patrimonio noutros aspectos: arqueolóxico, xeolóxico, biolóxico, etc. Estes valores abondarían para que a Serra fora incorporada ao Parque Natural do Monte Aloia.

Pola contra, son moitas as agresións que poñen en perigo a súa riqueza: canteiras, vertedoiros, pistas, proxecto de instalación dun parque eólico, etc. Subiremos á Serra desde o lugar de Vincios (Gondomar) e realizaremos un percorrido circular de 10 km e de dificultade media.

COLABORA: Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro

DOMINGO, 17 de XUÑO de 2012

  • Xeral - 15 €
  • Estudantes, xubilad@s e no paro - 12 €
  • Soci@s - 10 €
  • Até 17 anos - 5 €  

SAÍDAS:

  • LUGO: desde a Facultade de Formación do Profesorado ás 8.00 h.
  • COMPOSTELA: desde o Pazo de Congresos ás 9:30 h.
  • VINCIOS: desde a saída da autopista AG-57 ás 11:00 h.
Imprescindíbel anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299.


Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal