ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Roteiro Terras do Miño, terras do Neira e...

19-01-2020

Roteiro Terras do Miño, terras do Neira e fontes do río Tórdea

Continuando co programa de roteiros "Tecendo Redes" co que ADEGA trata de poñer en valor a importancia que ten para a defensa do medio ambiente e do patrimonio a colaboración, sinerxías, e redes que se tecen entre os distintos colectivos; xunto coa Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, organízase este roteiro polas parroquias de Furís e Páramo o vindeiro domingo 19 de xaneiro.

A través de camiños rurais sen asfaltar na meirande parte do percorrido, poderemos coñecer elementos de gran interese ambiental e bens patrimoniais de gran valor histórico cultural. Camiñaremos nalgún tramo pola Vía Romana XIX e disfrutaremos ademais de fermosas vistas da Fonsagrada, Ancares, Terras do Páramo, Corgo e Lugo.
O roteiro comeza e remata ao pé da igrexia de Furís (San Estevo) en Castroverde. Cun desnivel duns 300m, e unha lonxitude aproximada de 17 Km a duración será dunhas  4 horas.


Reserva praza

As persoas que estean interesadas en reservar praza, terano que facer a través do formulario de reserva antes das 14:00 do xoves 16 de xaneiro. Cubriranse as prazas por orde de inscrición.

Os roteiros de ADEGA-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades aínda que os socios e socias de ADEGA gozarán de desconto no prezo, así como as persoas que están estudando, en situación de desemprego ou os menores de 14 anos. 

saída do autobús terá lugar ás 9.00 horas da mañá fronte á Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, na Avenida de Ramón Ferreiro.

O roteiro será de xornada completa.

Para máis información, tamén se pode chamar aos teléfonos 982240299 (local) ou 677800293 (Lucía).

Prezos

  • Xeral: 18€
  • Estudantes ou en paro: 15€
  • Soci@s de ADEGA: 12€
  • Ata 14 anos: 5€
En caso de cancelación da reserva, prégase avisar o antes posible por teléfono. A cancelación posterior ao período de inscrición suporá o aboamento íntegro do prezo da praza para evitar prexuízos económicos á organización. Se a cancelación fose por motivos de saúde, procederase á devolución da metade do importe sempre que se presente xustificante médico.

O bo humor é cousa de todas/os! Anímate a participar!

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal