ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Solsticio de Inverno na Eira da Xoana (SUSPENDIDO...

21-12-2019

Solsticio de Inverno na Eira da Xoana (SUSPENDIDO polo temporal)

A Eira da Xoana celebrará o sábado, 21 de decembro, o Solsticio de Inverno, a partir das 17 h. É a festa do triunfo da luz sobre as tebras e a chegada dun novo ano. Unha festa que na Eira da Xoana xa cumpre o seu X Aniversario, polo que estamos de noraboa!

Este ano volverán acompañarnos grandes artistas: Fantoches Baj, Bico da Balouta, Bico do Mar, o Apalpador (Anxo Moure), e grandes poetas do país, que farán desta unha velada inesquecible.

Contamos contigo!

Para chegar a Eira preme aquí

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal