17-12-2019
ADEGA-Lugo impartirá o obradoiro "Os Xogos do Lixo" o vindeiro martes, 17 de decembro, ás 18 horas, no Mercado de Abastos de Lugo. O taller estará enmarcado no Mercado de Nadal do Mercado da Terra da praza de Abastos, que comercializa productos ecolóxicos os martes de todas as semanas. O Mercado de Nadal celebrarase de 17 a 20 horas na Praza de Abastos, sita na Rúa Quiroga Ballesteros.
O obradoiro "Os Xogos do Lixo" de ADEGA pretende concienciar as persoas na importancia da redución, reutilización e reciclaxe (as 3Rs) dos residuos, aprendendo de forma práctica a xestionar adecuadamente os refugallos domésticos que xeramos.
O obradoiro é de balde, e está aberto ao público xeral e, por suposto, aos clientes do mercado.
Ademais, a xornada completarase cun mercadiño de artesanía.
A actividades forma parte dun acordo de colaboración establecido entre ADEGA e o Mercado da Terra.
Se precisas de más información, prego fagas a túa consulta a través do email: adegalugo@adega.gal ou no teléfono 982240299.
Agardámoste!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal