ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Xornada de voluntariado no Monte da Fraga

14-12-2019

Xornada de voluntariado no Monte da Fraga

Para comezar coas actividades de custodia no Monte da Fraga organizamos esta actividade de voluntariado, que consiste nunha plantación de loureiros no borde superior da ladeira coa intención de facer un filtro verde. Esta plantación comezou o curso pasado e este ano darémoslle continuidade.

Participa activamente na recuperación dun espazo, estes terreos pertencentes a universidade antigamente eran un eucaliptal grazas ao cambio de xestión e labouras de voluntariado estámolo transformando nun espazo agradábel de lecer,  aumentando a biodiversidade e pola súa situación na contorna da cidade da Coruña, axudamos á cidade a rebaixar as emisións de CO2 á átmosfera.

O horario desta xornada é de 11h a 14h se non é posible asistir durante toda a xornada, indícanos a túa dispoñibilidade.

Se queres tamén podes traer o teu loureiro, se tes finca ou coñeces algún lugar onde os haxa podes traer o loureiro para plantar. Se non podes vir a plantar pero podes achegarnos os loureiros tamén é unha contribución.  

Os obxectivos desta xornada son:
-   Implicar a sociedade na recuperación dun espazo.
-   Facer un filtro verde con loureiro    


Programa:  

11:00h Encontro na área de compostaxe da Praza da Fraga (A zapateira)
11:05h Recollida de compost na área de compostaxe da Praza da Fraga
11:20h Comezo da plantación do Monte da Fraga
14:00h Fin da actividade    

Data e hora: 30 de novembro de 11:00h- 14h Lugar: Porta da Fac. De Ciencias (A Zapateira)  


Dirixido a:

  • Estudantes e comunidade universitaria en xeral
  • Público en xeral
Organiza: Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña e Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)

Financia: Concello da Coruña

Formulario de inscrición https://docs.google.com/forms/d/1lmA2M43FLiqITqGpcezC0flID5x4i4DjUg_-aeBMwAg/edit

Dúbidas e/ou consultas:       marialafuente@adega.gal        628378804  

*Recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: 3h (1C por cada 10h de participación en actividades da OMA )   .

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal