ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Xornada micolóxica na Eira da Xoana

17-11-2019

Xornada micolóxica na Eira da Xoana

Como cada outono, e grazas á colaboración de Alberte Granjaexperto en Micoloxía, tamén este ano a Eira da Xoana desenvolverá unha Xornada micolóxica.

Será o domingo, 17 de novembro. Iniciarase ás 11 da mañá cunha charla introdutoria,   continuará con identificación e recollida de setas no contorno da Eira, seguirá coa separación dos exemplares comestibles e rematará coa  utilización destes para acompañar as viandas que cada quen leve para o xantar.
 
Contamos contigo?

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal