ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / ADEGA Vigo celebra o magosto participando na Gran...

26-10-2019

ADEGA Vigo celebra o magosto participando na Gran Landrada Ibérica no Couto da Eirexiña

O vindeiro sábado 26 de outubro, realizaremos no Couto da Eirexiña unha actividade de voluntariado ambiental enmarcada dentro do reto da Gran Landrada Ibérica. Esta iniciativa, promovida pola Rede Ibérica de Gardiáns do Bosque, e á que se suma centos de colectivos e entidades, pretende sementar con máis de 25.0000 millóns de landras a Península Ibérica.

Con este obxectivo, a actividade de voluntariado ambiental consistirá en sementar landras de carballo, previamente recollidas no Couto da Eirexiña, nunha ladeira afectada polos incendios forestais do 2017. Así, crearemos entre todas un banco de sementes autóctonas en solo forestal e axudaremos na recuperación ambiental desta superficie.

Ao rematar a actividade, realizaremos unha xornada de convivio cun magosto na casa do pobo de Rebordelo. Teremos castañas para todas!!

Préstache participar nesta actividade? Podes inscribirte enviando un correo a adegavigo@adega.gal indicando o teu nome e teléfono. Agardámoste!

Préstache participar nesta actividade?

Podes inscribirte enviando un correo a adegavigo@adega.gal indicando o teu nome e teléfono.

Agardámoste!

Programa do voluntariado

15:30 h – Punto de encontro na Casa do Pobo de Rebordelo
15:45 h – Inicio da actividade de repoboación con landras
20:00 h – Magosto comunitario na Casa do Pobo

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal