ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / ADEGA Vigo estará presente na Mostra do...

Do 05-10-2019 ao 06-10-2019

ADEGA Vigo estará presente na Mostra do Posible de Cangas

A vindeira fin de semana, os días 5 e 6 de outubro, celebrarase en Cangas do Morrazo a Mostra do Posible, un evento que pretende dar visibilidade e servir de encontro a diferentes entidades de economía solidaria e movementos sociais existentes na Galiza e que promoven modelos alternativos “que permitan construír entre todas un mundo máis xusto”.

Á edición deste ano, que será a terceira, acudirán 50 organizacións sociais, incluída ADEGA que estará presente, sábado e domingo, cun posto no que se ofrecerá información sobre toda a labor e as actividades realizadas pola asociación e sobre as opcións que teñen para colaborar connosco todas aquelas persoas que estean interesadas.

Asemade, estará dispoñible o material que a asociación pon á venta para axudar economicamente e, deste xeito, permitirnos continuar co noso traballo a prol da defensa do medio ambiente galego.

Agardámosvos!!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal