ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / ADEGA na Semana polo Clima. Actividades do Xoves...

Do 25-09-2019 ao 27-09-2019

ADEGA na Semana polo Clima. Actividades do Xoves 26 e Venres 27.

Este xoves, 26 de setembro, ADEGA participará nas seguintes actividades organizadas polo Movemento Galego polo Clima con motivo da folga mundial polo Clima:

COMPOSTELA. Ás 19.00 horas (Casa do Matadoiro). Mesa redonda: "As caras do espolio", con ADEGA, Galiza un futuro sen Carbón e Plataforma Mina Touro-O Pino Non. Na súa palestra, ADEGA abordará o caso do Parque Eólico Serra do Oribio-Courel, nun espazo de Rede Natura.

LUGO. Ás 20.15 Roteiro en bici coa MASA CRÍTICA. Diante do Concello.

E o venres, 27 de setembro, o propio día da Folga polo Clima, ADEGA estará nas seguintes actividades:

VIGO11 horas. Concentración estundatil na Praza do Rei. 20 horas. Manifestación polo Clima 27S.

COMPOSTELA De 16:00 a 19.30 horas (Praza do Matadoiro) Cociña solar con ADEGA. Ás 17:30 Roteiro agroecolóxico con ADEGA. Ás 19:30 Manifestación polo Clima desde a Praza do Matadoiro.

A CORUÑA Ás 12:00 h. Concentración ante os centros de ensino. 13:00 h Limpeza de Río Lagar (Organiza Proxecto Ríos). 20:00 h. Manifestación polo Clima 27S, Xardíns de Méndez Núñez. 

LUGO. 12 horas. Manifestación polo Clima. Saída dende a Praza Horta do Seminario. 20 horas. Concentración diante do Concello.

OURENSE 20 horas. Concentración na Praza Maior.

PONTEVEDRA 12 horas. Concentración fronte á Subdelegación do Goberno. 20 horas. Manifestación dende a Praza da Ferreiría ata a Peregrina.  

FERROL 12 e 19.30 horas. Concentracións na Praza Amada García.

Convidámoste a acompañarnos!

Máis información AQUÍ.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal