ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Participa na nova xornada de...

14-09-2019

Participa na nova xornada de deseucaliptización no Couto da Eirexiña

#CoutoDaEirexiña #ADEGAVigo

O sábado 14 de setembro voltamos ao monte para realizar unha nova xornada de deseucaliptización no Couto da Eirexiña, o proxecto de custodia do territorio de ADEGA Vigo e a comunidade de montes de Rebordelo. Durante esta actividade centrarémonos na eliminación do Eucalyptus globulus presente no monte comunal, ampliando así a zona de intervención das últimas xornadas deseucaliptizadoras realizadas no mes de maio.

Tamén imos facer un varrido rápido para eliminar entre todas os brotes novos de eucaliptos que están a aparecer nunha area intervida en agosto do ano pasado, a cal foi unha das máis afectadas polos incendios forestais de outubro do 2017. Se unha cousa temos clara, é que a constancia e o traballo en equipa son grandes aliadas nos procesos de restauración ambiental.

Esta actividade acompañarémola cun xantar comunitario e vexetariano na casa do pobo de Rebordelo, e pola tarde realizaremos un roteiro interpretativo polo monte comunal. Durante este roteiro descubriremos a natureza presente nos terreos custodiados, así como novos xeitos de planificar o monte fóra dunha lóxica produtivista, pensada sempre na conservación e na restauración ambiental.

Préstache participar nesta actividade?

Se queres participar nesta xornada de deseucaliptización, podes inscribirte enviando un correo a adegavigo@adega.gal indicando o teu nome, teléfono e de ser o caso, alerxia ou intolerancia alimentaria.

Vémonos no monte!!

Programa do voluntariado de repoboación:


09:45h – Punto de encontro na Casa do Pobo de Rebordelo
10:00h – Inicio da actividade de voluntariado
14:00h – Almorzo comunitario na Casa do Pobo
15:30h – Roteiro interpretativo pola comunidade de montes
18:00h – Fin da xornada

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal