ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Salvemos O Iribio! Concentracións e subida...

22-06-2019

Salvemos O Iribio! Concentracións e subida ao monte!

Este sábado, veciños e veciñas de Samos e Triacastela organizan unha xornada lúdico-reivindicativa co lema "Salvemos O Iribio", para mostrar o seu rexeitamento ao parque eólico que se pretende instalar neste monte courelán.

Nesta semana, finalmente, a Xunta parou cautelarmente as obras que se estaban a levar a cabo no cumio da serra  sen os permisos necesarios, e das que alertou ADEGA á Xunta e aos concellos afectados.

ADEGA apoiará á veciñanza e participará nas concentracións que se celebrarán diante das casas consistoriais de Samos e Triacastela.

Salvemos o Iribio!
Quedades todas/os convidadas/os!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal