ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Verán cultural para crianzas da UDC

Do 13-06-2019 ao 27-06-2019

Verán cultural para crianzas da UDC

ADEGA desenvolverá as actividades do Verán Cultural da UDC dirixido a crianzas, co obxectivo de potenciar o seu contacto co medio natural a través de roteiros, obradoiros e xogos. Haberá dúas quendas no mes de xullo.

Verán cultural na UDC: Descobre a natureza que che rodea está formado por ciclos de 10 días que se desenvolven en equipamentos urbanos con entornos naturais próximos. Diríxese á rapazada dos 4 aos 12 anos de idade co obxectivo de descubrir nesas idades a flora e fauna próxima, interactuar cos recursos naturais e facer obradoiros de sensibilización, reciclaxe, e roteiros, dinámicas e xogos para o respecto e a diversión ao ar libre.

A través da integración das diferentes actividades e a partir do contacto co medio natural, fomentarase a autonomía dos rapaces e rapazas, creando vínculos e estimulando as súas capacidades.As actividades adáptanse a cada grupo de idade e fanse subgrupos de acordo coas súas necesidades especiais. 

A programación está composta por 3 bloques de actividades que se desenvolven cada día.


A Coruña, Campus de Elviña

1ª quenda: 
do 1 até o 12 de xullo (10 días) > (de 8:30 a 15:00 h.)

2º quenda: do 15 até o 29 de xullo (10 días):(de 8:30 a 15:00 h.)

Horario:

  • 8:30 - 15:00 h (sen comedor)
  • 8:30 - 16:00 h (con comedor)
O xantar é opcional no comedor de Ciencias da Educación. 

O campamento non inclúe transporte coa excepción das excursións programadas.

Matrícula en liña

Documentación necesaria:
No momento da inscrición deberá encher un cuestionario no que terá que enviar ao enderezo electrónico cultura.coruna@udc.es catro arquivos: Autorización fotográfica e saídas (deberá envialo asinado), foto carné, copia da tarxeta sanitaria do neno/a e copia do libro de familia. Inscrición:
  •  autenticación (se é persoal alleo á UDC e é a primeira vez que entra, deberá rexistrarse previamente)
  •  rexistro do fillo/a. Prema "novo membro da familia" para dar de alta a cada fillo ou filla (no caso de non telos previamente rexistrados)
  •  unha vez creados "entre na sesión do fillo/a" que desexe inscribir
  •  prema na pestana Campamentos - A Coruña
  •  elixa a quenda do campamento no que quere inscribirse
  •  seleccione o xeito de pagamento (tarxeta de crédito ou débito) e confirme
Prezos:
1ª quenda: do 1 até o 12 de xullo (10 días) > (de 8:30 a 15:00 h.)
  • comunidade universitaria: 140 €
  • comunidade universitaria + comedor: 200€
  • persoas alleas á UDC: 160 €
  • persoas alleas á UDC + comedor: 220 €
2º quenda: do 15 até o 29 de xullo (10 días): (de 8:30 a 15:00 h.)
  • comunidade universitaria: 140 €
  • comunidade universitaria + comedor: 200€
  • persoas alleas á UDC: 160 €
  • persoas alleas á UDC + comedor: 220 €
 Prazo de inscrición:
  1. Comunidade universitaria do 28 de maio ao 27 de xuño.
  2. Persoas alleas á UDC do 17 ao 27 de xuño.

Matrícula

As prazas son limitadas.Poderase cancelar a quenda de non acadar o número mínimo de matrículas.Todas as inscricións serán por orde de entrada xunto co seu pagamento.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal