ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Obradoiro de reciclaxe na III Acampada Familiar...

15-06-2019

Obradoiro de reciclaxe na III Acampada Familiar en Costa

O vindeiro sábado, 15 de Xuño, ás 18.00 horas, ADEGA realizará o obradoiro de "Fabricando Cousas Novas con Residuos".  Este obradoiro pertence ao plan de Educación Ambiental " O lixo desde o teu Concello" dirixido a entidades e centros de ensino que pertenzan a Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza, grazas ao convenio asinado entre
a empresa FCC (Fomento de Construcións y Contratas) e ADEGA.

Concretamente neste taller traballarase a importancia das tres R's, centrandonos na R de Reutilizar dunha maneira práctica. Como? Dándolle unha segunda vida a materiais que consideramos de refugallo, creando así practicas carteiras o sacas para a merenda.

A separación dos residuos en orixe é o paso máis importante para unha reciclaxe dos mesmo adecuada.

Para máis información podedes contactar coa equipa de educación ambiental de ADEGA: Tlfno. 981 57 00 99, E-mail: residuos@adega.gal

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal