ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Convocada Asemblea Local de ADEGA-Lugo para o...

07-06-2019

Convocada Asemblea Local de ADEGA-Lugo para o venres 7 de xuño

Orde de traballos

A asemblea local de ADEGA-Lugo acordou a convocatoria dunha asemblea local da delegación para o vindeiro venres 7 de xuño. Será ás 19.30 en primeira convocatoria (20 horas en 2ª) na Sala D do Centro Municipal de Convivencia Uxío Novoneyra de Lugo (rúa Quiroga Ballesteros, 1A, a carón da Praza de Abastos). 

A orde de traballos sobre a que se desenvolverá a asemblea é a que segue: 

1.- Debate e aprobación, se proceder, do informe de actividades e das propostas e futuras liñas de traballo da delegación. 

2.- Balance de socias e socios no ámbito territorial da delegación. 

3.- Debate e aprobación, se proceder, do estado de contas e do proxecto de orzamento para o próximo exercicio. 

4.- Información, debate e, se proceder, acordos sobre a organización interna e estratexia de mellora organizativa da delegación. 

5.- Elección da nova xunta directiva.

6.- Varios.

Elección de nova xunta directiva

De acordo co que estabelecen os estatutos de ADEGA, corresponde a elección dunha nova xunta directiva da delegación. 

Segundo recollen os propios estatutos (art. 7) poderá presentarse calquera candidatura, composta por socias e socios da delegación, cun mínimo de persoas para asumir a presidencia, a secretaría e tesouraría. 

As candidaturas deberán ser presentadas por escrito quer a través de correo electrónico (adegalugo@adega.gal), quer presencialmente no local de ADEGA-Lugo (Ronda das Fontiñas, 180 - Entrechán) en horario de 10 a 15 horas cunha antelación de 7 días naturais á celebración da asemblea (art.28), isto é, a máis tardar o venres 31 de maio

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal