ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Exposición sobre as EEI no Concello de...

Do 12-04-2019 ao 13-05-2019

Exposición sobre as EEI no Concello de Salceda de Caselas

A exposición recolle en trece paneis diferentes aspectos relacionados coa problemática das especies exóticas invasoras. Que son? Cal é a súa orixe e que implica unha bioinvasión, así como, os principais ecosistemas afectados e as especies máis comúns e algunas cuestión que podemos facer para atallar este problema.

A introducción de especies invasoras é na actualidade un dos principais factores de ameaza para a biodiversidade a nível planetario. ADEGA ten realizado nos últimos anos numerosas actuacións de divulgación sobre esta problemática así como numerosas actuacións de eliminación de flora exótica invasora en diferentes espazos naturais galegos.

A exposición realizada por ADEGA contou co finaciamento da Dirección xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia ao abeiro do convenio entre estas duas entidades. A exposición instalarase en diferentes espazos do concello: dous centros de ensino: o IES Pedras Rubias e o CEIP Altamira. Estará tamén no local da asociación TrezeCatorze, ata o 13 de maio.
Realizouse unha actividade no CEIP Altamira o día 6 de maio.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal