ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / 43 Asemblea anual ordinaria de ADEGA en Bueu

Do 31-03-2019 ao 28-03-2019

43 Asemblea anual ordinaria de ADEGA en Bueu

A 43ª Asemblea anual ordinaria de ADEGA celebrarase o vindeiro domingo 31 de marzo. Será en Bueu, no Centro Social do Mar (Rúa Montero Ríos 18, 36930 Bueu, Pontevedra).  

Despois dos actos asambleares da mañán, celebraremos tamén o tradicional xantar anual de confraternización no decurso do que faremos entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2018.  

ORDE DO DÍA provisorio: 

Domingo 31 de marzo de 2019

-10:00h
(1ª convocatoria); 10:15h (2ª convocatoria): Apertura.
-10:20h 
Aprobación, de proceder, da acta anterior.
-10:20h a 11:00h Informe organizativo e propostas de mellora.
-11:00h a 11:30h Informe económico e orzamento.
-11:30h a 12.00h Informe de actuacións e liñas de traballo 2019.  
-12:00h a 12:30h Pausa café.  
-12:30h a 13:30h
. Debate e aprobación dos documentos e informes.
-13:30h
a 14:00h Elección da nova Xunta Directiva.
-14:00h a 14:20h Propostas de resolución.
-14:20h Saúdo aos convidados/as.
-14:30h
Encerramento.  


NOTAS IMPORTANTES para socios/as:
-Recibiredes unha copia dixital de todos os documentos asambleares nos vosos enderezos electrónicos. No lugar da Asemblea haberá só algunhas copias en papel.
-As propostas de resolución achegaranse por escrito até o mesmo día da Asemblea.  

ACTOS FESTIVOS:

14:30h
a 17:30h Xantar de confraternización e entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2018. O acto terá lugar no restaurante do propio Centro Social do Mar de Bueu. Prezo por persoa arredor de 20€.
É imprescindíbel apontarse previamente
. Na reserva é preciso indicar preferenzas.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal