ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Deseucaliptización Simultánea de...

Do 15-03-2019 ao 24-03-2019

Deseucaliptización Simultánea de Galiza 2019. Participa!

A rede a prol do bosque galego, Cousa de Raíces, propón celebrar o Día Mundial dos Bosques cunha "Deseucaliptización Simultánea" por toda Galiza. Esta plataforma, conformada por máis de 60 entidades, entre as qeu está ADEGA, convida a centros educativos, colectivos, asociacións, plataformas e particulares a promover iniciativas de eliminación de eucaliptos e doutras plantas invasoras dos montes galegos para conseguir a "Deseucaliptización Simultánea" por todo o  pais durante a vindeira semana.

Todas aquelas persoas ou entidades que teñan previsto realizar unha actividade de deseucaliptización ou eliminación de eucaliptos en calquera punto do país, poderán sumarse a esta iniciativa, enviando os datos que se requiren a continuación, antes do mércores, 20 de marzo.

Como participar na Deseucaliptización Simultánea de Galiza

A rede Cousa de Raíces convida a centros educativos, colectivos, asociacións, plataformas e particulares a celebrar o vindeiro Día Mundial dos Bosques promovendo nas súas áreas de influencia iniciativas de eliminación de eucaliptos e doutras plantas invasoras. Para favorecer o carácter simultáneo das accións, proponse que estas se leven a cabo no día propio da efeméride, o 21 de marzo, ou na fin de semana do 23 e 24 de marzo.

Todas aquelas persoas ou entidades que queiran promover a súa actividade de eliminación de eucaliptos ou doutras plantas invasoras a través da proposta de "Deseucaliptización Simultánea" de Cousa de Raíces, poderán facelo, enviando ao email de Cousa de Raíces (cousaderaices@adega.gal), antes do mércores, 20 de marzo, os seguintes datos da acción de deseucaliptización ou eliminación de especies exóticas:

-Día e horario:
-Concello e parroquia:
-Nome do Monte:
-Localización (coordenadas en google maps):
-Colectivo/s que a promove/n:
-Téléfono de contacto para inscricións:
-Email de contacto para inscricións:
-Breve descrición de en que vai consistir a actividade:
-Outra información de interese:

Descarga o logo ou carimbo da Deseucaliptización simultánea para insertar no cartaz da actividade

Aquelas persoas e colectivos que desexen sumar a súa acción de eliminación de eucaliptos ou doutras especies invasoras á "Deseucaliptización Simultánea" de Cousa de Raíces poderán insertar no seu material divulgativo da actividade o carimbo ou logo deseñado para a ocasión pola rede Cousa de Raíces, e que se poden descargar a continuación en varias cores:

Mapa provisional de accións enmarcadas na Deseucaliptización Simultánea de Galiza 2019

No seguinte MAPA atoparás as primeiras propostas de acción que xa se sumaron á "Deseucaliptización Simultánea 2019" de Cousa de Raíces, e nas que xa te podes apuntar para participar, contactando coas entidades promotoras a través dos teléfonos e mails que se sinalan en cada unha das localizacións.

Preme na que máis che interese e atoparás toda a información necesaria para inscribirte.

Se o que queres é que a túa actividade de eliminación de eucaliptos ou doutras especies exóticas apareza neste mapa, só terás que enviar antes do 20 de marzo, os datos indicados anteriormente ao email: cousaderaices@adega.gal

Se o prefires, accede ao mapa provisional de actuacións a través da seguinte ligazón:https://drive.google.com/open?id=1MgSqHOhuNT-w2PDZvQDV_E-oKXDSE2nH&usp=sharing

Tamén podes consultar os datos e os contactos das actuacións ata agora propostas na táboa que se acompaña.

Anímate a deseucaliptizar o país!!!

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal