ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Eliminación de invasoras no Monte da Fraga

21-03-2019

Eliminación de invasoras no Monte da Fraga

Eliminación de invasoras no Monte da Fraga

Xunto coa Oficina de Medio Ambiente da UDC participamos na xornada de deseucaliptización que propón Cousas de raíces para celebrar o Día da Floresta. Estaremos o 21 de marzo no Monte da Fraga eliminando flora exótica invasora.

O Monte da Fraga son unhas parcelas da Universidade de A Coruña (no Campus da Zapateira), onde se comezou a eliminar eucaliptos no 2006 e a plantar árbores autóctonas. É un espazo custodiado por ADEGA onde temos realizado actividades de voluntariado e educación ambiental. Nesta ocasión co motivo do Día da Floresta continuaremos arrincando as especies exóticas invasoras que atopamos. Nesta ocasión traballemos sobre unha mancha de Acacia negra.

Estaremos dende as 16h - 19h traballando. Podes estar toda a tarde ou ben achegarte a algunha hora.
inscricións no seguinte correo:

oma2@udc.gal


Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal