ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Exposición sobre as EEI no IES Agra de...

Do 15-03-2019 ao 29-03-2019

Exposición sobre as EEI no IES Agra de Raíces de Cee

Até o día 29 de marzo estará no IES Agra de Raíces de Cee a exposición sobre especies exóticas invasoras "UNHA INVASIÓN SILENCIOSA. A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA".

A exposición recolle en trece paneis diferentes aspectos relacionados coa problemática das especies exóticas invasoras. Que son? Cal é a súa orixe e que implica unha bioinvasión, así como, os principais ecosistemas afectados e as especies máis comúns e algunas cuestión que podemos facer para atallar este problema.

A introducción de especies invasoras é na actualidade un dos principais factores de ameaza para a biodiversidade a nível planetario. ADEGA ten realizado nos últimos anos numerosas actuacións de divulgación sobre esta problemática así como numerosas actuacións de eliminación de flora exótica invasora en diferentes espazos naturais galegos.

A exposición realizada por ADEGA contou co finaciamento da Dirección xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia ao abeiro do convenio entre estas duas entidades. Realizarase unha actividade co alumnado do IES arredor da exposición das EEI o día 29 de marzo.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal