ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Entroido e Lupercais na Eira da Xoana

Do 02-03-2019 ao 02-02-2019

Entroido e Lupercais na Eira da Xoana

A Fundación Eira da Xoana e a AC. O Galo celebran este ano as III Lupercais (olla o cartaz) na sede de dita fundación, situada en Ramil (A Golada), moi perto do Castelo de Pambre (mais información sobre a ubicación www.eiradaxoana.gal).

A festa será o sábado 2 de marzo e comezará ás 14h co convivio-xantar: estás invitada ti e cant@s amig@s te acompañen e se vos apetece non dubidedes en vir con disfrace. Nesta celebración elixirase a raiña Lupa de 2019 (a de 2018 foi a actriz Isabel Risco), teremos música e baile e quen goste pode xantar un bo cocido de Lugo, polo módico prezo de 12 euros que aboará alí mesmo. Neste caso, compre escribir ao email xosesalvadores@gmail.com ou telefonar ao 659-683384  ou ao 638475322, antes do 28.02.2019 ás 12h, para avisar que se anotan ao cocido.

As persoas que non opten polo cocido deben levar o xantar da súa casa, para comelo alí nun convivio no que, quen o desexe, proba o prato que cada quen trae. Se alguén ten sitio/s libre/s no seu coche para ir e/ou voltar da Eira da Xoana, que, por favor, llo comunique a Xosé Salvadores, pois é o xeito de que, ao compartir custes, a viaxe saia mais barata e de contaminar menos.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal