ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Debate luso-galaico sobre floresta...

09-03-2019

Debate luso-galaico sobre floresta autóctona en Caminha

Aliança pela Floresta Autóctone e a COREMA -Associaçao de Defesa do Património- convidaron a Cousa de Raíces, da que fai parte ADEGA, a participar nun ciclo de conferencias sobre a situación da Floresta ou Bosque autóctono do país veciño. O vindeiro sábado, 9 de marzo, o biólogo Cosme Damián Romay Cousido acudirá á localidade portuguesa de Caminha para dar a coñecer a experiencia de Cousa de Raíces na defensa do bosque galego, ademais de explicar a fondo o proceso de eucaliptización que está a vivir  o espazo forestal galego en detrimento das especies propias.

O acto, titulado “Floresta Autóctone, uma visão luso-galaica”, terá lugar no Auditorio do Museu Municipal de Caminha ás 15.00 horas e será aberto para todo tipo de públicos. Do lado luso participará o doutor de silvicultura João Carvalho.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal