ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / REFORESTACIÓN PARTICIPATIVA E POSTA EN...

07-02-2019

REFORESTACIÓN PARTICIPATIVA E POSTA EN VALOR DA CHARCA

REFORESTACIÓN PARTICIPATIVA E POSTA EN VALOR DA CHARCA

O 7 de febreiro quedamos ás 11h na área de compostaxe da Praza da Fraga para unha nova xornada de voluntariado. Consistirá en facer traballo de campo con ferramenta manual para a plantación de loureiros e outras especies autóctonas*. Durante a actividade tamén se fará o coidado e posta en valor da charca construída no Monte, con estaquillado de salgueiro nas súas marxes.A programación da xornada é a seguinte:

  • 11:00h Breve historia do Monte da Fraga e do seu Proxecto de Custodia.
  • 11:30h Traballo de campo: plantación de árbores e coidado da charca.
  • 13:00h Remate da actividade
*PODES TRAER A TU ÁRBORE! Se é posíbel que sexan loureiros, pero calquera especie autóctona ten o seu lugar no Monte da Fraga.Lembrade que ao ser unha xornada de traballo de campo, recoméndase roupa e calzadocómodos.

INSCRICIÓN (
prazas limitadas)
  • oma2@udc.gal indicando nome, apelidos e NIF. Asunto da mensaxe: Reforestación 7/02.
  • Recoñecemento de créditos para alumnado de grao da UDC ( 1C=10H)

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal