ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Palestra: “A cidade deportiva do club Celta de...

14-12-2018

Palestra: “A cidade deportiva do club Celta de Vigo en Mos: un novo intento de expropiación do monte comunal”

O vindeiro venres 14 de decembro, ás 19:00h na tenda de consumo consciente Árbore, a delegación de ADEGA Vigo organiza a palestraA cidade deportiva do club Celta de Vigo en Mos: un novo intento de expropiación do monte comunal”.

Esta palestra informativa será realizada a cargo de Gonzalo Pérez Vázquez, coordinador da CMVMC de Tameiga, quen expoñerá a situación do monte veciñal de Tameiga ante este proxecto urbanístico, así como a situación das comunidades de augas afectadas e as loitas de oposición que se están a levar a cabo entre a veciñanza. Tamén farase referencia á situación legal e administrativa na que se atopa o proxecto, así como as fórmulas legais existentes para expropiar terreos de monte en man común.

O proxecto da cidade deportiva do Celta de Vigo en Mos a debate!

O proxecto da cidade deportiva do Celta de Vigo en Mos ten previsto expropiar 864.000 metros cadrados de monte, dos cales a metade corresponden a monte en man común. O fin último desta expropiación é ceder os terreos a Carlos Mouriño, presidente do Club Celta de Vigo, quen construirá un centro comercial de 120.000 metros cadrados, alén das dotacións deportivas.

Estamos polo tanto ante un proxecto especulativo e de expropiación do monte comunal que corresponde cun modelo e cunha lóxica caduca e errada de ocupación do territorio, a cal non favorece a mobilidade sostible, causa un gran impacto ambiental e actúa como barreira ecolóxica ao desfragmentar máis os ecosistemas.

Por estes motivos, agardámoste o vindeiro 14 de decembro!

  • Día: 14 de decembro
  • Hora: 19:00h
  • Lugar: tenda de consumo consciente Árbore (rúa López Mora, nº 30 - Vigo)

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal