Do 17-11-2018 ao 25-11-2018
Un ano máis sumámonos á Semana Europea da Prevención de Residuos http://www.ewwr.eu/es/ideas/ideas-for-actions terá lugar do 17 ó 25 de Novembro.
O obxectivo é organizar durante unha mesma semana e en toda Europa, accións de sensibilización sobre a prevención de residuos, dar a coñecer estratexias de redución de residuos e a política da Unión Europea e dos seus Estados membros nesta materia.
ADEGA apoia firmemente esta campaña de sensibilización e mediante distintas accións, que estarán abertas á cooperación cidadá e da comunidade educativa, anímate e actúa connosco!!
Que se vai levar este ano?
Acción centrada en informar á poboación sobre as alternativas ao uso de bolsas de plástico que se desenvolverán durante a semana de 17 a 25 en redes sociais.
Facebook: https://www.facebook.com/adega2.gal/
Twitter: https://twitter.com/ADEGAgz
Concurso ao mellor mural e/ou exposición coa temática: “Como reducir os residuos?”
Os participantes son os centros de ensino da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza. O resultado final do conxunto de murais creados nos centros educativos participantes publicaranse no facebook da Manc de concellos da Serra do Barbanza e o que acade maís gústame será o gañador. Durante toda a semana publicaremos os traballos realizados polos centros.
MC Serra do Barbanza http://www.adega.gal/info.php?id=43&idioma=gl&sec=99
Ecoauditoria de residuos no CEIP de Ventin en Ames o martes 20 de Novembro
Obradoiro de bolsas de tea con roupa vella no CEIP de Ventin en Ames o martes 20 de Novembro
Reparto de composteiros domésticos co concello de Santiago de Compostela nas Parroquias de Villestro e Laraño o xoves 22 de Novembro
Mais info: residuos@adega.gal 981 570099 ou 628 378 804 (María ou Raquel)
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal