ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Marcha reivindicativa en defensa do Támega

09-08-2018

Marcha reivindicativa en defensa do Támega

Este vindeiro 9 de agosto ás 19:30h marcharemos dende Cerdedelo (Laza) até as balsas de residuos das obras do AVE en protesta pola desfeita ambiental desta obra e os seus efectos na bacía do Támega.

Será un percorrido duns 400m até a balsa "Abesada" dende o lugar de Cerdedelo parea comprobarmos os impactos que os desmontes, aterros e verteduras provocadas polo AVE están a causar nun ecosistema de grande valor e no mesmo río Támega. As ridículas multas impostas polas Conferedacións Hifdrográficas ás empresas adxudicatarias das obras non compensan a enorme desfeita ambiental causada.

O AVE non xustifica contaminar sen control!

Convoca: ADEGA-Monterrei Salvemos o Támega

Apoian: BNG, CIG, EnMarea, Concello de Verín

Máis info e contacto:
adegamonterrei@adega.gal
Carmen García: 630272953

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal