ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Voluntariado Ambiental no Macizo Central...

Do 31-07-2018 ao 04-10-2018 / Do 31 de xullo ao 4 de outubro de 2018

Voluntariado Ambiental no Macizo Central Ourensán

No ano 2014 ADEGA e SOREX botan a andar un programa de voluntariado ambiental para o estudo e seguimento de leirón cincento (Glis glis) e dos quirópteros no P.N. do Invernadeiro e no ZEC Biduerial de Montederramo.
A finalidade do proxecto é realizar un estudo e seguimento das especies citadas onde un dos obxectivos que se plantexa dende o comezo é a participación activa do voluntariado no mesmo.  O voluntariado ambiental foi, i é fundamental, para a posta en marcha deste proxecto. O leirón cincento é un roedor arborícola e nocturno de distribución europea que ten como límite inferior de distribución o terzo norte da Península Ibérica, dende Cataluña ate a banda máis oriental de Galicia, sendo o seu límite sur de distribución europea o P.N. do Invernadoiro. Por outra banda os morcegos forestais dependen dos bosques para o desenvolvemento do seu ciclo biolóxico ou, polo menos, dunha parte del (reprodución, caza ou hibernación), tendo así mesmo un papel importante na dinámica destes ecosistemas. Os quirópteros actúan como un eficaz insecticida biolóxico, xa que as distintas especies deste grupo consumen diariamente decenas de toneladas de insectos, eliminando vectores de enfermidades e pragas para a agricultura.

Dende o 2014 instaláronse nos dous Espazos Naturais Protexidos do Macizo Central Ourensán 72 caixas aniñadeiras de leirón cincento (Glis glis), 42 no P.N. do Invernadoiro e 24 no ZEC do Biduerial de Montederramo. Nos meses de verán dende ese ano relizanse tarfas de seguimento visitando todas as caixas para coñecer o rado de ocupación das mesmas, número e exemplares, etc. Así mesmo, estase a desenvolver un estudo dos quirópteros presentes na zona,que por unha banda axuda ao coñecemento destas especies e por outra contribue a divulgar a importancia deste descoñecido grupo de vertebrados.

As tarefas do voluntariado ambiental que acompañan ao persoal científico son as de axuda nas tarefas de estudo e seguimento. Arranxo das caixas, transporte do material de estudo, axuda na toma de mostras, medidas, fotos, etc. O voluntariado contará con seguro e manutención.
Na campaña de 2018 o proxecto conta cunha axuda da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e dende ADEGA realizaranse as xestións para acceder aos espazos restrinxidos co persoal da Delegación Provincial da DXPN de Ourense. Neste ano, e previo as actuacións de estudo e seguimento, realizarase un curso de formación previo ao traballo de campo que será aconsellable e dará prioridade as persoas que queiran participar no proxecto.

As datas de cada unha das sesións son as seguintes:

Curso Formación: Compostela 31 Xullo
Saída campo: ZEC Bidueiral de Montederramo 27-28 Agosto
Saída campo: P.N. do Invernadoiro 28-29 Agosto
Saída campo: P.N. do Invernadoiro 03-04 Setembro
Saída campo: P.N. do Invernadoiro 02-03 Outubro

As datas poderán mudar en función da climatoloxía.
Inscricións:
Aquelas persoas interesadas en participar deberán escribir un mail ao seguinte enderezo indicando:
Nome e apelidos.
DNI.
e indicando as saídas nas que ten interese en participar (pódense poñer máis de unha por si xa está completa a elexida) así como o lugar de orixe (para organizar as viaxes) e se ten algún requerimento alimenticio ou alerxia.
ramses@adega.gal     616 23 80 50

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal