ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Noite dos Morcegos no Sobreiral do Arnego

26-09-2018

Noite dos Morcegos no Sobreiral do Arnego

Continuamos coas actividades no Sobreiral do río Arnego que contan co apoio da Fundación Biodiversidad a través de proxecto Custodiando o río Arnego que desenvolve ADEGA durante o 2018. Desta iniciativa temos feito xa varias actividades que podes ver resumidas aquí: RESUMO.

Unha delas foi a contrución de refuxios para fauna. Agora pretendemos facer un seguimento da ocupación destes refuxios, colocados especialmente para morcegos, para saber así as poboacións de quirópteros que poden estar asociadas ao Sobreiral do Arnego. Faremos tamén unha captura de morcegos, coa axuda da empresa SOREX, no río Arnego colocando redes e medindo as radiofrecuencias que emiten estes pequenos mamíferos achegándonos así á metodoloxía de mostraxe do Quiroríos.
Esta é unha actividade gratuíta na que todas as persoas interesadas están convidadas a participar, mais é necesario inscribirse xa que as prazas son limitadas.
O programa provisional da actividade é:
18:30 Presentación da actividade introdución aos quirópteros (Área de Lecer de Carmoega)
19:00 Revisión das caixas-morcego polo Sobreiral do Arnego
20:30 Noite dos morcegos. Captura e escoita de quirópteros
22:30 Práctica do Quiroríos

Máis info e inscricións:
Ramsés Pérez
ramses@adega.gal
981 57 00 99 / 616 238 050

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal