17-05-2018
Este 17M ás 12h dende a Alameda de Compostela, estades convocad@s á manifestación en defensa da nosa lingua.
En ADEGA apoiamos esta convocatoria e participaremos cunha faixa propia. Quedamos na fonte da Alameda ás 11:45.
Asemade, aproveitaremos a xornada para recoller sinaturas a prol da ILP en defensa do bosque autóctono, cunha mesa na Quintana ao final da manifestación. Se queredes botar unha man ligade co 628378804.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal