ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Voluntariado Ambiental no Río Bibei

Do 25-05-2018 ao 27-05-2018 / 25, 26 e 27 de maio de 2018

Voluntariado Ambiental no Río Bibei

O 25, 26 e 27 de maio de 2018 faremos un campo de voluntairado ambiental polo Bibei para a detección temperá de especies exóticas invasoras. A iniciativa consiste en divulgar a problemática que as EEI poden ocasionar en lugares de elevado valor ecoloxico como é a contorna do río Bibei, polo que o primeiro día estará destinado a coñecer esta problemática. Os seguintes días estarán dedicados á realización de roteiros para a alerta temperá de EEI.
Programa provisional:
Venres 25 (tarde): Formación. Introdución á problemática das especies invasoras.
Sábado 26: Roteiros identificación temperá bacía do río Bibei.
Domingo 27: Continuación da ruta e posta en común.

O voluntariado contará cun seguro de accidentes e terá os gastos cubertos, agás o desprazamento até a zona. A estancia será no Albergue Municipal de Manzaneda.

Dada a fraxilidade dos hábitats da bacía do Bibei, as prazas son limitadas. Se estás interesado/a en participar nesta iniciativa de voluntariado, anótate nos seguintes teléfonos e e-mail:
Ramsés Pérez
981 57 00 99 / 619 672 038 / 616 238 050
ramses@adega.gal

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal