07-05-2018 / 7 de maio de 2018
ADEGA recibiu unha axuda da Fundación Biodiversidad para desenvolver actuacións de divulgación, estudo e conservación no Sobreiral do Arnego, no que ADEGA ten un acordo de Custodia do Territorio neste espazo dende 21 de marzo de 2016. As accións desenvolveranse na parcela A Zarra da Pena e na contorna do río Arnego.
ADEGA ten un acordo de Custodia do Territorio neste espazo dende 21 de marzo de 2016. As accións desenvolveranse na parcela A Zarra da Pena e na contorna do río Arnego. Realizaranse no marco do proxecto inventariados de flora e fauna, recuperación de elementos naturais e etnográficos asi como actividades de voluntariado ambiental.
O luns 07 a acción estará centrada na plantación de sobreiras (Quercus suber) Esta actividade realizarase co CEIP Xaquín Loriga de Lalín, a finalidade é a recuperación das sobreiras xa que algunhas están a secar, e para iso o alumnado do centro axudará a realizar esta tarefa plantando as landras xerminadas de sobreira que se recolleron no sobreiral e cultivaron no propio centro.
Máis info e inscricións:
Ramsés Pérez:
ramses@adega.gal
981 57 00 99 / 616 238 050
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal