ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / XXVII Curso de Formación do Proxecto...

05-05-2018 / 5 de maio de 2018

XXVII Curso de Formación do Proxecto Ríos

Desta volta falaremos sobre xeomorfoloxía fluvial para coñecer como podemos usar esta disciplina para avaliar a calidade dun río. Tamén veremos que os morcegos poden funcionar como indicadores de calidade de masas de auga coñecendo o proxecto Quiroríos.  Aproveitaremos tamén para facer entrega do material do Proxecto Ríos aos novos grupos participantes. A sesión de tarde estará dedicada, como outros anos, ao recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo.
Programa das XXVII Xornadas de Formación:
11.00 Chegada e entrega de material.
11.15 Estado do Proxecto Ríos.
11.45 Xeomorfoloxía Fluvial. Horacio García, investigador da USC. Videoconferencia dende Nova Zelandia.
13.00 O Quiroríos en Galiza. Catuxa Cercedo. Grupo GEAS.
14.00 Xantar.
15.30 Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados.
19.00 Clausura do curso.
O curso é gratuíto. O número de prazas é limitado, polo que que é preciso inscribirse, tanto por teléfono (981 57 00 99) como por correo electrónico: pacobanhobre@adega.gal ou ramses@adega.gal

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal