ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / VI Encontro Solar na UDC: vide cociñar co...

24-05-2018

VI Encontro Solar na UDC: vide cociñar co Sol!

Xa temos o sol acompañándonos e é por iso que estamos a argallar o VI Encontro Solar da UDC. Será o xoves 24 de maio no campus de Elviña da UDC (aparcamento do Xoana Capdevielle) se a climatoloxía nos acompaña. Se non, adiarase para outra data que anunciariamos máis adiante... Para o encontro solar precisamos que faga sol. CONFIRMACIÓN NO BLOGUE DA OMA

Gustaríanos moito contar convosco para esta celebración, que todos os anos festexamos cun xantar colectivo, no que xuntamos preto dun cento de cociñas solares, dándolle visibilidade ao aproveitamento desta enerxía limpa e inesgotábel, e tamén, á degustación de pratos variados, riquísimos!

Como foi nas pasadas edicións?: Bótalle unha ollada ao Timelapse do V Encontro SolarCrónica do V Encontro solarFotos de outras edicións...

Para participar só tes que anotarte no correo oma2@udc.gal e indicar:

  • Se queres participar como persoa individual ou che gustaría traer a un grupo.
  • Se xa tedes forno, ou se precisariades del (para isto anotádevos canto antes porque os préstamos de fornos voan...!)
  • Tamén podedes construir o voso propio forno! con unha caixa de cartón, moi sinxelo e aínda mais barato! (arquivos adxuntos)
Na xornada tamén se fará unha visita guiada ao CITIC, un edificio da UDC que se alimenta de enerxía solar grazas ás placas fotovoltaicas da súa cuberta.
Haberá unha mesa de experimentación e aprendizaxe de distintos aparellos solares e unha exposición itinerante "A Enerxía Solar" da man de ADEGA.

Animádevos a aprender máis sobre a Enerxía e a Cociña Solar nun día de festa, con música de pinchadiscos solar da Escola de Imaxe e Son do CIFP de Someso.

E para quedar convencidas, convidámosvos a partir das 13:30h aos petiscos que vaian saindo dos fornos!!

Calquera cuestión, non dubidedes en contactar con nós.

Un saúdo ao Sol!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal