ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Manifestación en Compostela por un plano...

22-04-2018

Manifestación en Compostela por un plano forestal para un mundo rural vivo

Coas últimas modificacións da Lei de Montes Veciñáis en Man Común xunto a revisión do Plano Forestal de Galiza, o Partido Popular quere ROUBAR o monte veciñal as Comunidades de Montes.
A Consellería de Medio Rural convertese en xuíz e parte para declarar un monte veciñal en estado de abandono, e intervilo por causas burocráticas e administrativas como non elixir a xunta reitora a tempo, incumprir algún artigo da Lei de Montes de Galiza ou da de Prevención e Defensa contra os Lumes Forestais.
Con elo xustifica a entrega do monte a unha empresa privada por 50 anos sen posibilidade de recuperación nese periodo.
Ademais pretende DESCLASIFICAR  montes veciñais que teñan entre os seus usos o social.

O Partido Popular quere PRIVATIZAR e DESCLASIFICAR os montes veciñáis en man común para que desapareza do noso país esta forma de posuir que temos os galegos e galegas. Fica claro que para este grupo o Medio Rural non ten futuro. Portanto, só interesa para a implantación de aproveitamentos agresivos, que non xeran valor engadido, ou equipamentos e instalacións para as elítes (campos de golf, centros comerciais, urbanizacións de luxo,…).

Na revisión do Plano Forestal de Galiza fica clara esa idea cando apostan por incrementar a superficie de eucalipto, potenciar os cultivos enerxéticos, e non polas madeiras de calidade das frondosas, ou pola multifuncionalidade.                

A veciñanza comuneira e o pobo galego en xeral, temos que parar este ROUBO do monte veciñal e con elo a destrución do Medio Rural. Temos a obriga de movilizarnos e acudir a MANIFESTACIÓN organizada pola ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES, apoiada por FRUGA, CIG, SLG, ADEGA, ATRIFOGA e APDR.
Terá lugar o vindeiro Domingo 22 de Abril de 2018, as 12,00 horas en Santiago de Compostela, con saída dende a Estación de Renfe.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal