ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Concentración polo dereito á...

14-03-2018

Concentración polo dereito á atención en galego e en apoio a Adela Figueroa

Este mércores, 14 de marzo, ás 12 horas, ADEGA súmase á concentración convocada diante do Edificio Administrativo de Lugo para reivindicar o dereito á atención en galego e en apoio á nosa compañeira e membro da equipa directiva, Adela Figueroa, que recentemente foi privada deste dereito recentemente no Edificio da Xunta en Lugo.  

Desde ADEGA manifestamos o noso absoluto apoio á reclamación e denuncia pública efectuada por Adela (Curra) contra dúas funcionarias da Xunta que lle negaron o dereito a ser atendida en galego e, ao mesmo tempo, convidámoste a mostrarlle o teu apoio na concentración do vindeiro mércores.

Vén e reivindica un dereito que tamén a ti che pertence! Temos dereito a ser atendidos/as en galego pola Administración Pública.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal