ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Cambio climático: un desafío global...

06-03-2018

Cambio climático: un desafío global e local

Cambio climático: un desafío global e local

Conferencia de Emilio Fernández Suárez, director do Campus do Mar

Lugar: salón de actos do Centro Universitario de Riazor (CUR)

Data e hora: martes 6 de marzo de 2018, 19:00 h Esta actividade forma parte do curso Educando para a Sustentabilidade, onde podes consultar o programa completo

Breve reseña do conferenciante
Emilio Fernández Suárez. Experto en Ecoloxía Mariña e cambio climático. Director do "Campus do Mar" Doutor pola Universidade de Oviedo, realizou traballos postdoutorais no Laboratorio Marítimo de Plymouth do Reino Unido e na Escola de Ciencias Mariñas e Atmosféricas de Rosenstiel de EE. UU. Incorporouse ao Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC e posteriormente accedeu a unha praza de Profesor Titular de Ecoloxía na Universidade de Vigo. Desde 2011 é Catedrático de Ecoloxía desa Universidade. A súa actividade investigadora centrouse na área de Ecoloxía Mariña, en particular, no estudo das respostas dos ecosistemas aos cambios ambientais de escala global. As súas investigacións recóllense en máis de 146 traballos publicados e 9 Teses de Doutoramento.
Ocupou o cargo de Director Xeral de Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, onde coordinou a elaboración e posta en marcha do Plan Galego de loita contra o Cambio Climático (2008), campo no que adquiriu unha ampla visión dos aspectos relacionados coa mitigación e adaptación a escala rexional, estatal e internacional, ao actuar como membro da delegación española en varios dos cumios mundiais sobre o clima. Coordinou a elaboración e publicación en 2009 do libro " Evidencias e impactos del cambio climático en Galicia ".
Na actualidade, compatibiliza a súa actividade investigadora e docente coa dirección do Campus de Excelencia Internacional "Campus do Mar".

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal