ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / 42 Asemblea Xeral de ADEGA

17-02-2018

42 Asemblea Xeral de ADEGA

17 de febreiro. 42ª ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE ADEGA

A 42ª Asemblea anual ordinaria de ADEGA celebrarase o vindeiro sábado 17 de febreiro. Será en Gondomar, na aula de cultura Ponte de Rosas, do Instituto de Estudos Miñoranos (Av. Campo da Feira, 10, Gondomar, Pontevedra).  

Despois dos actos asambleares da mañán, celebraremos tamén o tradicional xantar anual de confraternización no decurso do que faremos entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2017. Este xantar será no restaurante A Vitrola (Rosalía de Castro 11, Gondomar).

ORDE DO DÍA provisorio. Sábado 17 de febreiro de 2018

-10:00h (1ª convocatoria); 10:15h (2ª convocatoria): Apertura
-10:20h Aprobación, de proceder, da acta anterior.
-10:25h a 11:00h Apresentación dos documentos asambleares: Informe de organización, deactividades, económico e liñas estratéxicas.
-11:00h
a 11:30h Debate e aprobación (de proceder) dos textos:
-11:30h a 12:00h Descanso.  

ACTOS ABERTOS:

-12:00h
a 13:30h Traballo en grupos:

  • ILP e campaña do bosque autóctono
  • Cambio climático, seca e auga.
  • Grandes proxectos e megaminaría.
  • Mellora organizativa.
-13:30h a 14:20h Posta en común dos grupos de traballo e conclusións.
-14.20h
Propostas de resolución.
-14:30h 
Encerramento da Asemblea.  

ACTOS FESTIVOS:


14:30h a 17:30h Xantar de confraternización e entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2017.
O acto terá lugar no restaurante A Vitrola (Rosalía de Castro 11, Gondomar).

OPCIÓNS DE MENÚ
(escoller 1)
  • Menú 1 1°croquetas, empanada e tortilla; 2°lombo ó forno en salsa cítrica e guarnición de verduriñas e puré; tarta xeada, cafés e licores. 15 € 
  • Menú 2 Entrantes (coma o menú 1); 2°churrasco con patatas fritas e ensalada; tarta de Santiago, cafés e licores. 15 €
  • Menú 3 1°Sopa ou caldo;  2°cocido galego; tarta de Santiago ou xeada, cafés e licores. 15€
  • Menú 4 (vexetariano non vegano) Entrantes. Pasta fresca ou pizza, sobremesa, café e licores. 15 €

É imprescindíbel ANOTARSE PREVIAMENTE denantes do mércores 14 de febreiro. Na reserva é preciso indicar outras preferenzas (vexetariana, celíaca…)

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal