ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Concerto expansivo por un monte vivo en Carral

20-01-2018

Concerto expansivo por un monte vivo en Carral

Este sábado 20 ás 22:30h no local Xente Nova de Tabeaio (Carral), novo concerto solidario en defensa dos nosos bosques e contra os lumes. Actúan: Zënzar, Os do Xalo, Bouba, Fununcan, Broa, Xenderal.

Os “Concertos Expansivo por un Monte Vivo” véñense celebrando por toda Galiza para amosar a indignación e solidariedade ante a vaga de incendios do outubro pasado. Os cartos que se recaden destinaranse a proxectos de recuperación ambiental de colectivos ecoloxistas como Amigos da Terra, ADEGA, Amigos das Árbores da Limia ou Amigos das Árbores de Ourense.

Custo da entrada, 5€




Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal