ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Festa de celebración da auga e contra o...

30-12-2017

Festa de celebración da auga e contra o trasvasamento do Verduxo

Este sábado 30 ás 11:30 no encoro de Eiras, celebración da auga e acto de desagravio ao río Verduxo e contra o transvasamento. Convoca: PLADEVER

RAZÓNS PARA DES-RAZÓN

1. CADA PINGA DE AUGA TEN A SÚA FUNCIÓN NO RÍO. O transvasemento provoca un grave dano ecolóxico que afecta ás correntes, á erosión e sedimentación, á reproducción dos macroinvertebrados, á fauna acuática e aos bancos marisqueiros da ría.

2.Oitavén e Verdugo son sistemas fluviais semellantes na súa xeoloxía, orografía e réxime de secas e enchentes. CANDO SECA UN, SECA O OUTRO.

3. A ECONOMÍA DOS CONCELLOS AFECTADOS DEPENDE DA SAÚDE DO RÍO, pois o río é un motor económico, tanto polo seu valor como atractivo turístico e deportivo, como pola súa importancia na reproducción de especies de gran valor extractivo.

4. EXISTEN ALTERNATIVAS AO TRASVASAMENTO, que teñen que ver coa mellora da eficiencia, das canalizacións e dos consumos. Propoñamos unha mellor xestión da auga dende a toma en Eiras ata as billas nas casas d@s veciñ@s na comarca de Vigo.

5. A medio prazo cómpre desenvolver unha nova política de XESTIÓN DAS CONCAS HIDROGRÁFICAS E DO ABASTECEMENTO. Nas concas, cómpre coidar os montes, controlar as tomas e pozos ilegais en todo o territorio. No abastacemento é preciso levar a cabo a redución de presión da auga, impulsar unha política da economía da auga sustentable en industrias.

6. O DEREITO AO MALGASTO NON PODE ANTEPORSE AO DEREITO A TER RÍOS CON VIDA E BANCOS MARISQUEIROS PRODUTIVOS.

7. OS TRANSVASEMENTOS non resolvemos problemas senón que XERAN NOVOS PROBLEMAS nas bacías de onde se detrae o caudal.

CONTRA UN TRANSVASEMENTO IMPROVISADO E INNECESARIO PLADEVER

(Plataforma en Defensa do Verdugo)

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal