ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Outono ambiental na UDC: Eliminación de...

05-11-2013

Outono ambiental na UDC: Eliminación de flora exótica e invasora

O próximo día 5 de novembro a Oficina de Medio Ambiente da UDC xunto coa asociación ecoloxista ADEGA organizamos unha xornada de voluntariado ambiental de eliminación de flora exótica invasora no Monte da Fraga.

O obxectivo desta actividade é o coñecemento das especies exóticas invasoras (EEI). Este tipo de flora fai que se perda unha gran parte da biodiversidade da nosa contorna.

Esta xornada de traballo comezará cunha charla introdutoria sobre a problemática no salón de actos da facultade de ciencias ás 10:30h, ao remate sairemos ao Monte da Fraga para comezar co traballo que rematará sobre as dúas da tarde.

Animádevos a participar, precisamos a vosa colaboración! É importante que vos inscribades no correo oma3@udc.es para que poidamos preparar a ferramenta. No caso de non poder asistir á xornada completa, e queredes participar un tempo limitado, tamén podedes facelo: enviade un correo indicando a vosa dispoñibilidade.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal